top of page

Deseño de cursos de formación teatral á medida das túas necesidades, partindo sempre da idea de potenciar a creatividade propia.

 

Queres ver algunhas opcións?

 

  • CONTACONTOS EN FAMILIA. Obradoiros de contacontos para nenos e familiares. Aprende a contar contos con ferramentas teatrais para levar para a casa... e con moito ritmo!

  • POESÍA ESCÉNICA. Libera a túa capacidade poética cun curso de formación que racha as túas cadeas internas. Aprenderemos a berrar todos, sen vergoña de poñer voz ao que nos sae de dentro.

  • VITAMINA T (DE TEATRO). Obradoiro de formación teatral... para pasalo ben. Ideal para todo aquel que necesite un bo chute de Vitamina T na súa vida!

  • RECURSOS TEATRAIS. Obradoiro deseñado para Grupos de Teatro Afeccionado que queiran aprender novos recursos teatrais cos que abrir as súas posibilidades expresivas ou rachas coas rutinas habituais.

  • TEATRO PARA AVESTRUCES. Obradoiro pensado para romper coas vergonzas, desinhibirse, gañar presenza escénica, bailar sen remordementos, dominar o noso corpo, cabaretear...

  • PERFORMANCE. Aprende técnicas coas que chamar a atención en rúa ou coas que contar a través da performance o que queres contar. Un curso que libera as túas ideas con novas ferramentas teatrais.

O deseño dos cursos de formación faise sempre á medida das necesidades propias, tendo en conta o número de xente, os coñecementos previos, os intereses particulares, o número de horas desexado, etc

O único que se mantén en todos eles é que sempre se traballa a APRENDIZAXE A TRAVÉS DO PRACER

CURSOS A MEDIDA

bottom of page