sther f. carrodeguas
Por que brillan tanto as mazás? Que ten dentro o Colacao? É mellor a lixivia ou o disclín? E sobre todo... van os expresindetes do goberno ao Supermercado?
SUPER-MARKET ofrece ao espectador 59,99 minutos de poesía e sobre todo: comedia. É por iso que ven definido como Stand Up Poetry: xa que se achega moito ao espectador dende o humor, pero dun xeito poético. Un espectáculo vertebrado arredor da idea dun supermercado no que se venden os textos do propio show, a modo de tupper-sesión. Estes versos frescos abordan temas de plena actualidade nun súper: as rutinas de traballo, o malgasto de comida, os ingredientes dos produtos ou os conservantes que poden chegar a ter, os conflitos coas datas de caducidade e consumo preferente, os tratamentos embelecerdores das froitas e verduras… Por suposto ende un enfoque humorístico pero evidentemente crítico e satírico... e con moito amor polo medio.
SUPER-MARKET nace da necesidade de mesturar as diferentes disciplinas artísticas polas que transita Esther F. Carrodeguas: a escrita poética, o recitado, a interpretación, o clown ou a investigación xornalística (en referencia á alimentación nos supermercados, neste caso). Todo isto cociñado coa man e experiencia de Xavier Castiñeira, que consegue que a receita deseñada por Carrodeguas fique no seu punto perfecto de cocción.
XA ESTIVEMOS EN
2013
Pub Uf (Vigo)
La Tuerca 27 (A Coruña)
Curral do Marqués (Taragoña)
Pousada das Ánimas (Boiro)
Galo do Vento (Vigo)
A Nave de Vidán (Compostela)
2014
Cervexería Tempo (Vigo)
La Caja (Vigo)
Salasón (Cangas)
As de Picas (Ponteareas)
Ingrávida (Porriño)
Auditorio de Rianxo
Festival Brincadeira (Compostela)
Handicap Café (A Coruña)
Festival Galego de Cabaré - Teatro Colón (A Coruña)
As. Cultural Bou Eva (Vigo)
ZonaC (Santigo de Compostela)
SUPER-MARKET
equipa e necesidades técnicas
Dirección: Xavier Castiñeira
Fotografía: Raquel Ramos Silva
Dramaturxia e interpretación: Esther F. Carrodeguas
Duración: 59,99 min (aprox.)
Necesidades técnicas: o espectáculo pode realisarse tanto es pequenos espazos
(bares, pequenos centros socioculturais, etc), como en espacios convencionais (teatros, auditorios).