sther f. carrodeguas
Esther F. Carrodeguas (Rianxo, 1979) é escritora, xornalista, técnica audiovisual, actriz e directora teatral. Licenciada en Xornalismo e Técnia Superior en Imaxe, tras traballar durante anos n eido audiovisual, decide cambiar o seu rumbo vital no 2006 de cara ao teatro e a creación propia. É así como comeza a formarse como actriz en Espazo Aberto (con Carlos Neira e Cristina Dominguez) ou na Escola Internacional da Comicidade (con Antón Valén e Normal Taylor, entre outros). Na actualidade estuda dirección e dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD).
Fundadora da Compañía Teatro da Falúa (eterna finalista do certame Galiza Crea), dirixe na actualidade o Cadro Artístico Airiños (o máis antigo en activo de Galiza), ao tempo que organiza certames poético-escénicos e mesmo participou no Poetry Slarn Nacional de Madrid, representando a Vigo.
Ten publicados diversos textos, entre eles o xogo literario Collage (Barbantesa, 2011), “Subir o Telón” (Premio Modesto Figueiredo XXXII - Edicións do Castro, 2008), “fantasía nº1 en mi menor”, “República” (ambas na Revista Núa das Artes Escénicas) e tamén, o seu último poemario (en edición propia) que levou a escena: SUPER-MARKET.
sobre min
cabareteando
Performance na Galería Sargadelos (Santiago de Compostela)
supermarketeando
Poesía de Supermercado na Coruña (La Tuerca 27)
collageando
Presentando collage na Tabacalera (Madrid)
poetizando
Poetry Slam Nacional (Madrid), representando a Poetry Slam Vigo
faluando
A onda -Teatro da Falúa- no Salón Teatro (Santiago Compostela)